• Perfil da empresa

    Construcións Riveira é unha empresa de construción de A Estrada (Pontevedra) que se dedica a promover e construír vivendas, naves, locais comerciais e oficinas. Tamén ofrece outros servizos como a rehabilitación, as reformas e a xestión e execución de proxectos dende a súa fase inicial ata a súa finalización.

    A empresa conta cunha dilatada experiencia de máis de 30 anos no sector, o que demostra que soubo adaptarse ás esixencias dos seus clientes e ás novas tendencias; ofertando sempre calidade, compromiso e o mellor servizo.

    Posúe cunha gran capacidade técnica, ofrece as mellores solucións e brinda un asesoramento constante a todos os seus clientes en todos os seus proxectos; dende a fase inicial ata a entrega final.

  • Enfoque

    O noso principal obxectivo é ofrecer sempre a máis alta calidade e o mellor servizo a todos os nosos clientes porque son eles que converteron a Construcións Riveira (A Estrada) nunha empresa líder no sector.

    Con este propósito levamos a cabo todos os nosos proxectos para cumprir coas nosas responsabilidades e coas necesidades concretas de cada un dos nosos clientes.

    Poñemos atención especial á construción dunha relación de confianza e de longo prazo; ofertando o mellor servizo, as mellores solucións e calidade en todos os nosos proxectos.

    As nosas relacións baséanse na transparencia, a honestidade e o esforzo.

  • Estratexia

    VISIÓN:
    Ser recoñecidos como unha empresa líder no sector da construción, por estar comprometidos coa calidade e ofertar os mellores resultados a todos os nosos clientes.

    MISIÓN:
    Manter unha posición de liderado e incrementar o noso potencial e capacidade para realizar proxectos que satisfagan aos nosos clientes; ofertando a máxima calidade, atención e servizo, e que contribúan á estabilidade e recoñecemento da empresa.

  • Valores

    Axúdannos a guiar as nosas accións e son:

    – Compromiso: garantimos cumprir coas nosas responsabilidades.

    – Calidade: buscamos a excelencia.

    – Paixón: estamos comprometidos con todos os nosos proxectos e clientes.

    – Ética: actuamos con integridade e profesionalidade.

    – Orientación ao cliente: concentramos todos os nosos esforzos en satisfacer aos nosos clientes ofrecendo as mellores solucións.

    O noso éxito e traxectoria baséase en:

    – Unha permanente busca de satisfacción dos nosos clientes, sendo este o elemento principal da nosa filosofía e sobre o que pivotan todas as decisións da empresa.

    – Unhas vantaxes competitivas fundamentadas na experiencia e calidade do equipo humano.

    – Unha dirección dinámica.

    – Unha organización efectiva e eficaz.

  • Historia

    Comezamos o noso proxecto empresarial en 1973, grazas ao espírito emprendedor do seu fundador, José Riveira Fernández. En 1986 crea Construcciones J.C. Riveira Fernández S.L. tal e como hoxe está estructurada. Na década dos 90, a empresa inicia novos proxectos e comeza a súa expansión ata a actualidade.

    Grazas á confianza depositada no noso equipo por parte de cada un dos nosos clientes, Construcciones Riveira consolidouse como unha empresa de referencia e de prestixio.

© 2024 - Construcciones Riveira | design by BrinkA+D

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR