• Principios

    Construcións Riveira entende a Responsabilidade Social Corporativa como un contrato cos seus clientes, empregados e o conxunto da sociedade. Como resultado, efectúa accións nos seguintes ámbitos:

    – Relacións de confianza con todos os grupos de interese.

    – Creación de valor.

    – Excelencia nas relacións laborais.

    – Prevención en todas as nosas actividades.

    – Compromiso coa calidade e o medio.

  • Prevención de riscos laborais

    En Construcións Riveira preocupámonos pola saúde e a seguridade das persoas. Un dos nosos obxectivos é previr os riscos mediante o preciso cumprimento da normativa. Os nosos esforzos céntranse en crear un ámbito cada vez máis saudable e seguro. O noso equipo humano é o máis importante e a súa seguridade nosa prioridade.

  • Clientes e provedores

    Son os dous grupos de interese principais. Mantemos unha relación de confianza apoiada na profesionalidade e a responsabilidade. A proximidade e a comunicación son dous elementos clave nas nosas relación cos clientes e que nos axudan a ofrecer as mellores solucións. Creamos relacións con provedores de calidade que achegan un beneficio mutuo e xeran valor.

  • Recursos humanos

    Os nosos traballadores son unha parte esencial do noso patrimonio e a súa xestión inspírase en códigos éticos e na esixencia de valores como a responsabilidade e o compromiso.

    Grazas aos nosos empregados; profesionais altamente cualificados e identificados coa nosa filosofía e estratexia, ofrecemos o mellor servizo e garantimos o logro dos obxectivos establecidos.

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR